Esgos acollerá este martes unha charla informativa sobre subvencións e rehabilitación de vivendas

OurenseXa
A iniciativa enmárcase dentro do proxecto Re-Habita Rural Lab que o Concello desenvolve xunto con San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Taboadela e Coles
Biblioteca Municipal de Esgos
18 Apr 2026

O Concello de Esgos acollerá o vindeiro martes 21 de abril unha charla informativa dirixida á veciñanza no marco do proxecto Re-Habita Rural Lab, unha iniciativa orientada á recuperación de vivendas baleiras no ámbito rural.

Persoal especializado da empresa EIBISA, que traballa neste proxecto, atenderá ás persoas interesadas para ofrecer información sobre subvencións para reformas, resolver dúbidas relacionadas con herdanzas ou rexistro de propiedades e prestar apoio técnico gratuíto.

A actividade desenvolverase na Biblioteca Municipal de Esgos en horario de 15:30 a 20:00 horas. Para poder asistir e organizar as consultas, será imprescindible solicitar cita previa, chamando ao Concello no teléfono 988 29 00 00 ou á biblioteca en horario de tarde no 988 48 26 84.

O proxecto Re-Habita Rural Lab, no que participan o Concello de Esgos, San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Taboadela e Coles, vén de iniciar a súa fase operativa co obxectivo de facilitar a rehabilitación de vivendas baleiras e impulsar o seu uso para alugueiro social.

0.1257758140564