Esgos entregou máis de 430 kg de alimentos ao Banco de Alimentos de Ourense
OurenseXa
Esta iniciativa solidaria formou parte da campaña “Por Nadal Feliz para todos" posta en marcha por Protección Civil
Recollida de alimentos en Esgos
11 Jan 2025
O concello de Esgos, grazas á solidariedade da veciñanza, logrou recadar este ano un total de alimentos 430 kg de alimentos non perecedoiros doados durante a campaña de recollida do Nadal, que foron entregados esta semana ao Banco de Alimentos de Ourense.
Na campaña deste ano, que levou por título “Por Nadal Feliz para todos", participaron máis de 30 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, que estiveron recadando alimentos durante os meses de novembro e decembro en gran parte dos concellos da provincia.