Esgos estrea unha nova biblioteca

OurenseXa
A biblioteca está ubicada nunha vella palloza rehabilitada cun proxecto arquitectónico de César Portela e que foi doada por Lourdes Parada, filla de Delio Parada Carballo
Inauguración-nova-biblioteca-esgos
Inauguración da nova Biblioteca Municipal de Esgos
28 Out 2024

O municipio de Esgos estrea unha nova biblioteca co nome de “Delio Parada Carballo”. Unha infraestrutura cultural moi demandada, tal e como explicou o alcalde da localidade, Mario Rodríguez, xa que a que existía ata o de agora, nos baixos do Concello, resultaba insuficiente.

Á inauguración desta singular biblioteca, construída nunha vella palloza rehabilitada cun proxecto arquitectónico de César Portela, asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen recalcou que o de hoxe é “un día grande para Esgos”, dado que o feito de “recuperar un espazo para convertelo nun lugar dedicado á Cultura é sempre unha boa nova. E cando ese espazo é froito da xenerosidade veciñal multiplícase o efecto desa boa noticia”.

Por elo, Menor lembrou que a palloza na que se ubica hoxe a nova biblioteca foi doada por Lourdes Parada, filla de Delio Parada Carballo que lle dá nome desde hoxe a este espazo: “nada sería posible sen ese acto de xenerosidade”, sinalou o presidente provincial, quen recalcou tamén que o paso seguinte, o da colaboración institucional, foi crave tamén para culminar o proxecto, para o que a Deputación aportou 100.000 euros.

0.1808979511261