Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz impulsan un programa de verán para o benestar, a formación e o empoderamento das mulleres

OurenseXa
A iniciativa inclúe obradoiros, apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e laboral, así como accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
programa-maruja-mallo
28 Jun 2026

Os Concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz poñen en marcha este verán o programa “Maruxa Mallo”, unha iniciativa conxunta dirixida ás mulleres dos tres municipios, centrada no seu benestar, formación e empoderamento.

A iniciativa contempla a realización de obradoiros e actividades formativas, así como a prestación de apoio psicolóxico, xurídico e laboral. Ademais, ofrecerase orientación personalizada co obxectivo de mellorar as oportunidades e recursos dispoñibles para as participantes.

O programa tamén inclúe ferramentas orientadas a reforzar a autoestima, a saúde e a empregabilidade, así como accións específicas de prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade.

Segundo se indica, trátase dun espazo pensado para compartir experiencias, aprender e fortalecer capacidades nun ambiente de apoio e participación, dirixido ás mulleres dos tres municipios implicados.

0.13678789138794