Esgos ofrece esta semana actividades de saúde, deporte, música e lecer

O Concello de Esgos continúa coa súa programación estival cunha ampla oferta de actividades para esta semana, combinando propostas de saúde, deporte, cultura e lecer abertas á veciñanza.
A programación arrincará o xoves 16 de xullo cunha sesión sobre saúde sexual ao longo da vida, incluída no Proxecto Maruxa Mallo, que terá lugar ás 18:00 horas no Local Rezomilo, en Vilar de Ordelles. Ese mesmo día, ás 20:30 horas, celebrarase unha nova sesión de pilates na Praza da Souteira.
O venres 17 de xullo, a música será a protagonista coa actuación do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco, que ofrecerá un concerto ás 20:00 horas na Praza da Souteira.
A programación continuará o domingo 19 de xullo cunha quedada BTT, con saída prevista ás 9:30 horas desde a Praza da Souteira, unha proposta dirixida ás persoas afeccionadas ao ciclismo de montaña.
Ademais destas actividades, durante toda a semana permanecerá aberta a piscina municipal, en horario de 12:30 a 20:30 horas. Pola súa parte, a biblioteca municipal ofrecerá servizo de luns a venres, entre as 11:30 e as 14:00 horas.