Esgos pon en marcha unha nova edición da súa escola de gaita, pandeireta e percusión

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O curso arrincará cunha reunión informativa o próximo sábado na Praza da Souteira, punto de partida das clases que se impartirán as fins de semana ao longo de todo o curso
instrumentos-percusion-pandereta
17 Sep 2026

Esgos retoma a actividade da súa escola de música tradicional co inicio do curso 2026/27, que inclúe clases de gaita, pandeireta e percusión dirixidas a quen queira aprender ou perfeccionar estes instrumentos.

O punto de partida será unha reunión informativa que terá lugar o sábado 26 de setembro, ás 17.30 horas, na Praza da Souteira, situada fronte ao edificio consistorial. Nese encontro explicaranse os detalles da organización do curso ás persoas interesadas en apuntarse.

Unha vez arrinque a actividade lectiva, as clases desenvolveranse os sábados pola tarde, un horario pensado para facilitar a conciliación con outras actividades durante a semana.

Quen desexe obter máis información sobre a escola, os instrumentos que se imparten ou o proceso de inscrición pode facelo a través da conta de Instagram @bandadegaitass_esgoss, ou contactando directamente a través dos teléfonos 659 368 196 e 638 459 164.

0.15640902519226