Esgos presenta o programa de Nada que dará comezo este venres co acendido da árbore

O Concello de Esgos vén de publicar o programa de actividades de Nadal, que dará comezo o venres, 6 de decembro, co acendido da árbore ás 18.30 horas.
Antes, haberá un Bingo e xogos de mesa na Biblioteca Municipal, e durante toda a xornada estará tamén na praza do Afiador o Food Truck “Galiza Sabe Amar”.
Ademais, o Concello de Esgos organiza o vixésimo quinto Concurso de Tarxetas de Nadal. As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas propostas antes do 27 de decembro nas oficinas municipais. A entrega dos premios será o venres 3 de xaneiro ás 12.00 horas no Centro Cultural Parada Justel, onde tamén estarán dos paxes reais para saudar aos máis pequenos.
O domingo 22 de decembro, ás 17.30 horas, haberá un concerto de Nadal da escola e banda de gaitas do Concello no Centro Cultural Parada Justel .
O 26 de decembro, o Concello organiza una excursión a Pazolandia, para a que será imprescindible anotarse nas oficinas municipais antes do luns, 23 de decembro. Esta actividade é gratuíta para os empadroados e ten un custe de 5 euros para os non empadroados
Ademais, durante todo o mes de decembro instalarase no concello un punto de recollida de alimentos non perecedoiros (aceite, legumes, pasta, leite, conservas...) destinados á campaña “Por un Nadal feliz para todos” organizada por Protección Civil. Tamén haberá un punto de recollida no Centro Cultural Parada Justel o día do concerto de Nadal.