Esgos recolleu máis de 600 quilos de roupa usada durante o último cuadrimestre do ano

OurenseXa
O Concello instalou o pasado mes de setembro dous contedores para a reciclaxe de roupa
contedor-roupa-esgos
Contedor de roupa, Esgos
15 Jan 2025

O Concello de Esgos instalou o pasado mes de setembro dous contedores destinados á recollida de roupa usada, que recadaron un total de 640 quilos de roupa durante o último cuadrimestre do ano.

Dende o Concello poñen en valor que o uso destes contedores entre a veciñanza promove “o mantemento dos roupeiros sociais, as doazóns a entidades e, por suposto, a reciclaxe”.

Segundo os cálculos da Comisión Europea, sinalan desde o Concello, coa xestión destes 640 kg de roupa e calzado evítase a xeración de 2,03 toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro (CO2)
Os contedores están situados na estrada OU-536 fronte ao bar Camiño Real e na estrada OU-536 ao carón do restaurante Casa Sacra.

0.16407513618469