Esgos remata as obras de mellora do acceso ao Camiño Real en Quinta do Monte

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actuación renovou o firme e a drenaxe do vial de acceso e acondicionou o espazo final do tramo coa instalación de bancos e arboredo
mellora acceso Camino Real Esgos
8 Nov 2026

O Concello de Esgos deu por rematadas as obras de mellora do acceso ao Camiño Real ao seu paso por Quinta do Monte, unha actuación centrada en renovar as condicións do vial e en acondicionar a contorna inmediata deste tramo.

Os traballos consistiron, por unha banda, na mellora do firme do camiño e das condicións xerais de circulación, así como na adecuación do sistema de drenaxe da vía. Por outra banda, acondicionouse o espazo situado ao final do tramo, onde se incorporaron dous bancos e arboredo, co obxectivo de mellorar tanto a funcionalidade coma o aspecto desta zona.

A actuación executouse ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia destinada a financiar proxectos de mellora de infraestruturas turísticas, unha liña de axudas orientada a poñer en valor recursos vinculados ao patrimonio e ás rutas de interese turístico no territorio galego.

0.18060207366943