Esgos repartirá invitacións para Funtastik entre os nenos empadroados no municipio

RibeiraSacraXa | OurenseXa
As entradas serán válidas do 5 ao 8 de outubro e asignaranse por orde de recepción das solicitudes
funtastik-no-limits-expourense
5 Oct 2026

O Concello de Esgos repartirá un número limitado de invitacións para Funtastik, destinadas aos nenos e nenas maiores de 3 anos empadroados no municipio. As entradas poderán utilizarse entre o luns 5 e o xoves 8 de outubro.

Cada menor maior de 3 anos poderá recibir unha invitación, mentres que os menores desa idade terán acceso gratuíto. As unidades dispoñibles repartiranse ata esgotar existencias.

O prazo para solicitar as entradas abrirase o venres 2 de outubro ás 17.30 horas. As familias deberán enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 607 494 439, correspondente á Biblioteca Municipal, indicando o nome e apelidos do neno ou nena.

O Concello advirte de que non serán válidas as solicitudes recibidas antes das 17.30 horas e que tampouco se admitirán reservas por chamada telefónica ou a través doutros medios. As invitacións asignaranse por estrita orde de recepción das mensaxes. Unha vez concedidas, as entradas deberán recollerse na Biblioteca Municipal de Esgos.

0.15805602073669