Esgos retoma este venres o taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos

Este venres, 25 de setembro, comezará en Esgos unha nova edición do Taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos, unha proposta que dará continuidade ás sesións desenvolvidas entre os meses de marzo e xuño.
As persoas que participaron na anterior edición continuarán nesta nova etapa, aínda que permanece dispoñible algunha praza para novas incorporacións.
As clases celebraranse na Biblioteca municipal todos os venres, de 16.00 a 17.30 horas, e terán un carácter totalmente práctico.