Esgos ultima os preparativos para unha nova edición da Carreira San Pedro de Rocas

OurenseXa
Actualmente hai xa máis de 200 persoas inscritas nas diferentes modalidades
ruta-andaina-san-pedro-de-rocas
9 Jun 2026

O municipio de Esgos celebrará o vindeiro domingo 14 de xuño de 2026 a XVII edición da Carreira San Pedro de Rocas, unha cita deportiva xa consolidada que volverá combinar probas de carreira e andaina en distintos formatos.

Actualmente hai xa máis de 200 persoas inscritas nas diferentes modalidades, o que confirma a boa acollida desta edición. Nos últimos días, o equipo organizador traballa na sinalización dos tramos tanto da carreira como da andaina, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento das probas.

O programa deportivo inclúe unha carreira longa de 17 quilómetros, con saída prevista ás 11:00 horas, e unha carreira curta de 8,5 quilómetros, que comezará ás 11:30 horas.

No caso das andainas, a proposta complétase cun percorrido longo de 17 quilómetros, que sairá ás 09:30 horas, e unha andaina curta de 8,5 quilómetros, programada para as 10:30 horas.

Deste xeito, a xornada ofrecerá diferentes opcións de participación adaptadas a distintos niveis, nunha actividade que combina deporte e contacto co entorno natural da contorna de San Pedro de Rocas.

0.12363600730896