'Familias Tardías' de Piñor botará a andar o 5 de outubro no Centro Cultural de Arenteiro

OurenseXa
O programa de conciliación de Piñor atenderá a cativos e cativas de 3 a 14 anos tras a xornada escolar
Piñor Concilia
15 Sep 2026

O Concello de Piñor ten aberta dende o día 3 de setembro a inscrición no programa 'Familias Tardías', a alternativa de conciliación pensada para atender a cativos e cativas de 3 a 14 anos unha vez rematada a xornada escolar, e hoxe, 15 de setembro, cúmprese o prazo para solicitala.

A iniciativa desenvolverase entre o 5 de outubro de 2026 e o 21 de xuño de 2027 no Centro Cultural de Arenteiro, cun horario pensado para as tardes: os luns e martes de 16.55 a 20.30 horas, e os mércores, xoves e venres de 16.00 a 19.30 horas. Alí os máis pequenos poderán xogar, aprender, compartir e disfrutar.

Quen queira sumarse a esta proposta aínda está a tempo de formalizar a súa solicitude, cuxas bases están publicadas na sede electrónica municipal (https://sede.pinor.es). Dende Servizos Sociais do Concello resolven calquera dúbida sobre o programa.

O proxecto conta co financiamento do Concello de Piñor, da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e do Goberno de España, mediante o Ministerio de Igualdade, en réxime de corresponsabilidade.

0.16976499557495