Gran éxito da primeira competición de BTT Val de Ramirás
OurenseXa
Desde o Concello de Ramirás destacan que esta actividade "concilia a perfección o deporte e o contacto coa natureza"
30 Xul 2024
Ramirás acolleu a pasada fin de semana a primeira competición de Bicicleta Todo Terreno 'Val de Ramirás', unha actividade que segundo destacan desde o Concello "concilia a perfección o deporte e o contacto coa natureza mais pura e posibilita o coñecemento do medio rural , practicando bicicleta de montaña" e que rematou cun gran éxito de participación.
A competición repartiu un total de tres premios individuais e en parellas. A alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, agradeceu "a todos aqueles de forma desinteresada colaboraron para que este evento lúdico deportivo fora posible". A cita estivo organizada pola asociación deportiva Val de Ramiràs e contou coa colaboración do Concello.