Grande Amore actuará en Ourense no mes de marzo
OurenseXa
O grupo liderado por Nuno Pico dará un concerto en Ourense o día 14 de marzo
Grande Amore, imaxe Ernie Records
23 Jan 2025
Grande Amore, o proxecto musical liderado por Nuno Pico, coñecido tamén por formar parte da banda Oh Ayatollah, aterrizará no mes de marzo na cidade de Ourense, cun concerto que terá lugar o día 14 no Torgal.
O grupo emerxeu como unha proposta fresca que combina música rock, punk e electrónica, cunha marcada identidade galega. O seu estilo, que mestura sintetizadores, melodías pegadizas e unha posta en escena única, acadou gran aceptación tanto en Galicia como no resto do Estado. Con temas como Esta pena que a veces teño e Galicia es una mierda, consolidaron un lugar destacado na escena musical independente.