Guillermo Arenas e Carolina Araújo logran un bronce e un ouro no Open Nacional de Jiu Jitsu

OurenseXa
O campionato disputouse esta fin de semana en Villaviciosa de Odón e contou coa participación dos ourensáns Guillermo Arenas, Rodrigo Álvarez Gómez, Leire Carrera e Carolina Araújo
Leire Carrera, Guillermo Arenas, Rodrigo Álvarez y Carolina Araújo
Leire Carrera, Guillermo Arenas, Rodrigo Álvarez y Carolina Araújo
18 Nov 2024

O pasado domingo 17 de novembro disputouse no Pavillón Francisco Varcárcel, en Villaviciosa de Odón (Madrid), o Open Nacional de Jiu Jitsu para Kyus -Cinturóns de cores de grao inferior ao Negro- e Cinturóns Negros, coa participación de catro integrantes do Judo e Jiu Jitsu Club Gimnasio Marbel.

Leire Carrera (-57 quilos), Carolina Araújo (-63 quilos) e Guillermo Arenas (-69 quilos) participaron en dúas modalidades de combate, Loita e Ne Waza (restrinxida ao chan), mentres que Rodrigo Álvarez Gómez (-77 quilos) competiu na primeira categoría. Guillermo era o único Cinto Negro da expedición ourensá.

Guillermo Arenas, na súa primeira experiencia a nivel sénior, conseguiu un meritorio bronce en -69 quilos en Ne Waza e un 9º posto en Loita. En canto ás categorías de Kyus, Carolina Araújo completou un gran torneo co ouro en Ne Waza e un quinto posto en Loita, mentres que Leire rematou quinta en Ne Waza e 9ª en Loita. Para Rodrigo, na súa primeira experiencia nunha competición deste nivel, rematar no 9º posto tamén foi unha boa presentación en sociedade.

O Jiu Jitsu é a Arte Marcial da que parten deportes olímpicos como o Judo e divídese en tres modalidades: Loita, Ne Waza e Dúo. Na primeira, débese puntuar de tres formas diferentes: mediante golpe, proxección e inmobilización no chan. Na segunda, a loita restrínxese exclusivamente ao chan. Na terceira, é o xuíz quen determina a correcta execución das técnicas a cargo de cada equipo.

0.200199842453