Ignacio Rosa, Josep Fermí e Martín Fernández: fichaxes e baixas do COB para a vindeira tempada
O Club Ourense Baloncesto atópase nunha época de cambios. Durante as últimas semanas, o club está a anunciar as novas fichaxes para afrontar a vindeira tempada.
O último dos fichaxes é o do ala-pívot de 25 años Ignacio Rosa, un xogador con ampla experiencia na LEB Ouro.
O xogador catalán mediou a pasada campaña 6 puntos, 2.4 rebotes e 0.4 asistencias en 15 minutos na cancha cun 41.5% en tiros de tres. “Ignacio Rosa é para nos unha peza moi importante no proxecto de equipo que estamos a desenvolver e que encaixa á perfección co xogo que queremos facer esta temporada”, comenta Moncho López sobre a nova incorporación cobista.
A súa fichaxe súmase á de Carlos Lisboa, de 24 anos e fillo do xogador e adestrador Carlos Lisboa, que chega ao COB despois de demostrar a súa valía no Alega Cantabria tras mediar 8 puntos, 1.8 rebotes e 2.4 asistencias en 21.8 minutos de xogo. Co seu 1,84 metros de altura, Rafa destaca pola súa habilidade para dirixir o xogo e pola súa excelente xestión do balón. A súa chegada a Ourense é vista como un gran paso cara á consecución dos obxectivos do equipo na próxima tempada, sinalan desde o club.
Ademáis, o club anunciou tamén fai unhas semanas a fichaxe do galego Martín Fernández, que ven de destacar en Albacete Baloncesto na LEB Prata, converténdose nun dos xogadores máis destacados da súa conferencia cuns números moi notables.
Pola súa contra, Josep Fermí Cera anunciou a súa marcha tras tres anos no club.