Inma Soto leva o seu espectáculo “Xela, aventura na fraga” ao concello da Bola

OurenseXa
Será o 15 de maio no baixo do Concello con motivo das celebracións polo Día das Letras Galegas 2026
inma-soto
12 May 2026

O Concello de A Bola celebrará as Letras Galegas 2026 cunha actividade cultural dirixida ao público infantil, xuvenil e familiar. Así, o vindeiro 15 de maio ás 17:30 horas, terá lugar no baixo do Concello o espectáculo teatral “Xela, aventura na fraga”, a cargo de Inma Soto.

A proposta enmárcase na programación conmemorativa das Letras Galegas e busca ofrecer unha actividade lúdica arredor da lingua e da cultura galegas, pensada para o goce das crianzas e das familias.

0.12277889251709