Isabel Mociño, nova decana da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense
Isabel Mociño foi elixida este luns como nova decana da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, substiuíndo así a Xosé Manuel Cid que prepara a súa cibilación logo de 45 anos de dedicación á docencia.
A de Mociño foi a única proposta presentada e contou con 37 votos a favor, catro en contra, dous en blanco e un nulo, segundo informan desde a UVigo.
A nova decana leva desde 2012 leva desde 2012 dando clase na citada facultada, centrando a súa investigación principalmente Ana literatura xuvenil e infantil. Mociño asegura que o seu obxectivo fundamental durante os vindeiros anos será“avanzar na construción dunha facultade de accesibilidade universal e na sostibilidade das titulacións que nela se imparten, respondendo aos desafíos dunha sociedade en constante cambio tecnolóxico, social, económico, climático...”.