Jácome asegura que a apertura da piscina termal das Burgas é “inminente”
O alclade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegurou esta mañá durante a celebración do Pleno extraordinario do Concello de Ourense, que a apertura da piscina termal das Burgas é “inminente”, pese a que non especifica para cando está prevista a reapertura.
Foi a resposta do edil ante a unha pregunta formulada polo voceiro do BNG, Luís Seara, quen preguntou sobre a apertura deste espazo e sobre o peche de moitos dos vasos termais presentes na cidade. A este respecto, o alcalde asegura que a maioría están pechados polas crecidas do Miño.
A piscina termal das Burgas, un dos principais atractivos turísticos da cidade, leva máis de catro anos pechada ao público. O malestar entre a veciñanza e os grupos da oposición creceu nos últimos meses tras comprobarse, no me de outubro, que o vaso seguiría pechado polo menos outros tres meses.