?> Javier Gutiérrez e Luis Bermejo chegan este sábado ao Teatro Principal de Ourense en OurenseXa

Javier Gutiérrez e Luis Bermejo chegan este sábado ao Teatro Principal de Ourense

OurenseXa
O Tetro Principal de Ourense acolle este sábado, 27 de abril, a función "El Traje"
el-traje-cartel
Redacción Ourensexa
26 abr 2024

Javier Gutiérrez e Luis Bermejo chegan este sábado, 27 de abril, ao escenario do Teatro Principal de Ourense, onde presentarán a peza "El Traje", escrita e dirixida por Juan Cavestany.

A función espera ser todo un éxito logo de esgotar todas as entradas ao pouco tempo de anunciarse.

Sinopse

É o primeiro día de rebaixas nuns grandes almacéns da capital. A xente entrou en multitude e houbo un accidente. Nas entrañas do edificio, un vixiante de seguridade interroga a un home de negocios que veu comprar un traxe e que tivo algo que ver cos feitos. Pero cuáles son os feitos, exactamente? E qué perigo axexa a estas dúas persoas?

Javier Gutiérrez e Luis Bermejo protagonizan esta montaxe trepidante, asfixiante e desternillante ó mesmo tempo nun duelo interpretativo subterráneo.