Juan Galán presenta 'Rotspanier: un miliciano galego no exilio francés 1939-1946' en Celanova

OurenseXa
A Casa dos Poetas recibe o vindeiro 30 de outubro un novo encontro literario enmarcado na colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Juan Galán presentación libro Celanova
20 Oct 2026

A Casa dos Poetas, en Celanova, será escenario o vindeiro venres 30 de outubro, ás 19.30 horas, da presentación dunha nova obra literaria vinculada á memoria do exilio republicano galego.

Trátase do libro 'Rotspanier: un miliciano galego no exilio francés 1939-1946', escrito por Juan Galán e publicado por Editorial Galaxia. A obra céntrase no percorrido dun miliciano galego durante a súa estadía no exilio en Francia tras o remate da Guerra Civil, no período comprendido entre 1939 e 1946.

O acto contará coa intervención de Xoán Carlos Domínguez Alberte, encargado de introducir a presentación do libro. Unha vez rematado o acto, está prevista unha sinatura e venda de exemplares para quen desexe facerse coa obra.

Esta cita enmárcase dentro das actividades que a Casa dos Poetas desenvolve de xeito habitual en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que pecha así o mes de outubro cunha nova proposta cultural.

O evento está organizado pola Fundación Curros Enríquez, e conta coa colaboración do Concello de Celanova, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a propia AELG.

0.18240904808044