“La Feria del Paripé” chega este sábado ao Campo da Feira de Ourense

O Campo da Feira acollerá este sábado, 30 de maio o evento “La Feria del Paripé” unha proposta de lecer que se desenvolverá entre as 17.00 e a 1.00 horas e que combinará sevillanas, rumbas en directo e sesións de DJ. O evento conta coa colaboración do Concello de Ourense.
A programación estará dividida en dous bloques musicais: un centrado na “esencia flamenca”, con sevillanas e rumbas en directo, e outro baseado en éxitos actuais e música urbana.
O acceso ao recinto será gratuíto entre as 17.00 e as 18.00 horas. A partir dese momento, a entrada será de pago. As entradas anticipadas, desde 5 euros, poden adquirirse a través da plataforma Fourvenues.
Dende a organización explican que “Chega o tardeo máis grande á cidade. Moita arte e moitas sevillanas durante toda a tarde para non parar de bailar e paripé en estado puro cos mellores top hits e reggaeton de antes e de agora. Sevillanas, feira, e moita arte. Rumbita en directo, con version de todo tipo de cancións de antes e de agora e DJ con temazos, reggaeton e moita festa”.