La Habitación Roja actuará no Teatro Principal de Ourense en febreiro

OurenseXa
O cuarteto valenciano dará un concerto en Ourense o 14 de febreiro de 2025 para presentar o seu último disco
la-habitacion-roja
30 sep 2024

O cuarteto valenciano 'La Habitación Roja' chegará a Ourense o 14 de febreiro de 2025  para presentar o seu último traballo, 'Crear', nunha xira que os levará tamén á sala Garufa da Coruña. O grupo subirase ao escenario do Teatro Principal de Ourense parta tocar algúns dos seus temas máis conocidos como 'Indestructibles', 'Héroes', 'Ayer' ou 'Las olas'.

O grupo formado por Jorge Martí (voz e guitarras), José Marco (batería), Pau Roca (guitarras) y Marc Greenwood (baixo) en 1994 suma xa 14 discos ás súas costas e, grazas ao seu estilo pop rock alternativo e atemporal están recoñecidos como unha das bandas máis lonxevas e singulares do seu xénero.

 

0.1935818195343