Luis Menor avanza a súa intención de volver presentarse á alcaldía do Pereiro de Aguiar

OurenseXa
O líder provincial confirmou que ten previsto optar de novo á reelección no municipio e continuar así co seu proxecto político a nivel local
luis-menor
8 Jun 2026

Luis Menor avanza a súa intención de volver presentarse á alcaldía do Pereiro de Aguiar. Así o anunciou o actual alcalde do municipio e presidente da Deputación de Ourense durante a rolda de prensa celebrada tras a Xunta de Goberno desta mañá.

Menor confirmou que ten previsto optar de novo á reelección no municipio e continuar así co seu proxecto político a nivel local, que comezou en 2019 e que, desde 2023, compaxina co seu cargo de presidente provincial.

0.13791298866272