Maceda acolle un obradoiro sobre seguridade dixital para familias con menores

OurenseXa
A actividade terá lugar este venres e está orientada a promover o uso seguro e responsable das tecnoloxías
ordenador-nenos-tecnoloxia
16 Apr 2026

Maceda acollerá o vindeiro venres 17 de abril o obradoiro “Familias conectadas e seguras”, unha actividade organizada pola ANPA do CEIP de Maceda en colaboración con Inceco Ruraltic e dirixida a familias con menores co obxectivo de promover un uso máis seguro e responsable das tecnoloxías.

O obradoiro celebrarase ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Maceda e abordará cuestións relacionadas coa prevención de situacións de risco nas redes sociais, o control parental e o seguimento de móbiles e reloxos dixitais mediante ferramentas como Family Link.

0.13216280937195