Maceda acolle un rastrillo solidario a favor das persoas vulnerables do municipio

Maceda acolle esta semana dúas iniciativas solidarias co obxectivo de recadar fondos destinados a persoas en situación de vulnerabilidade no municipio.
Así, haberá un rastrillo solidario permanecerá aberto desde o 30 de abril ata o 3 de maio na antiga Libraría LER, situada na Praza das Toldas nº 18. O horario será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Dentro desta mesma iniciativa, o domingo 3 de maio celebrarase o denominado “doce solidario”, no mesmo espazo. A entrega de doces poderá realizarse o sábado 2 de maio, de 19:00 a 20:00 horas, e o propio domingo a partir das 10:30 horas.
A organización lembra que os fondos recadados se destinarán integramente a apoiar persoas vulnerables do municipio, e ofrece dúas formas de participación: doando doces ou adquirindo os elaborados e achegados por outras persoas colaboradoras.
A iniciativa busca fomentar a solidariedade veciñal e a participación da comunidade nunha causa social.