Maceda acolle unha conversa sobre papel das mulleres na Grecia antiga

OurenseXa
A sesión, titulada “Penélope: resistencia fronte á vulnerabilidade”, estará impartida por Susana Reboreda, catedrática de Historia Antiga
conferencia-grecia-maceda
5 May 2026

A Biblioteca Municipal de Maceda organiza unha actividade centrada na figura de Penélope e na representación das mulleres na Grecia antiga, baixo o título “Penélope: resistencia fronte á vulnerabilidade”.

A sesión estará impartida por Susana Reboreda, catedrática de Historia Antiga e investigadora especializada en Homero, mitoloxía e o estudo das mulleres na Antigüidade grega. A actividade terá lugar o venres 8 de maio ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Maceda.

Esta proposta enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño, cuxa obra “Circe ou o pracer do azul” revisita as figuras femininas da tradición clásica desde unha perspectiva contemporánea.

0.13077688217163