Maceda celebra este sábado o Festival Folk 'Tattoo Galego' co gallo do XXX aniversario da súa Banda de Gaitas

OurenseXa
O Castelo de Maceda terá desde as 20.00 horas unha xornada de música tradicional con agrupacións galegas e un rancho folclórico portugués, no marco do XXX aniversario da Banda de Gaitas de Maceda
tattoo_maceda
17 Aug 2026

O Castelo de Maceda será este sábado, 22 de agosto, o escenario do Festival Folk 'Tattoo Galego', un evento organizado co gallo do XXX aniversario da Banda de Gaitas de Maceda.

A xornada arrincará ás 15.00 horas cunha subida ao castelo desde a Praza das Toldas, e o groso das actuacións comezará a partir das 20.00 horas no entorno do castelo.

O cartel reúne a distintas agrupacións populares galegas, entre elas as Pandereteiras do Castiñeiro, as Pandereteiras Os Chouteiros, un Cuarteto Tradicional e a propia Banda de Gaitas Maceda-Boborás. A elas súmanse dúas formacións específicamente folk: Os Guezos, que subirán ao escenario ás 21.30 horas, e Terrae, que pecharán a noite ás 23.30 horas.

Como achega internacional, o festival contará coa participación do Rancho Folclórico Morenitas de Alba, procedente de Castro Daire (Portugal).

A organización, a cargo do Concello de Maceda, habilitou ademais unha zona de avituallamento para os asistentes, nunha xornada que se presenta chea de colorido, gozo e boa música, nun entorno singular como é o castelo de Maceda.

0.13953709602356