Maceda ofrece un obradoiro para aprender a programar videoxogos en Scratch

O Concello de Maceda organiza un obradoiro de programación e deseño de videoxogos dirixido a nenos, nenas e adolescentes, co obxectivo de achegar os máis novos ao mundo da tecnoloxía e da creación dixital.
A actividade, titulada “Aprende a programar en Scratch. Deseño de videoxogos”, celebrarase o luns 20 de abril ás 18:00 horas no Aula de Informática do Centro Sociocomunitario de Maceda.
O obradoiro contará con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poderán anotarse a través dos teléfonos 988 788 432 e 988 317 110.