Maceda organiza unha charla divulgativa sobre os eclipses da man do científico Juan Nolasco

OurenseXa
A actividade celebrarase este xoves no Salón de Plenos do Concello con entrada libre ata completar a capacidade
eclipse-solar
22 Jul 2026

O Concello de Maceda ofrecerá o vindeiro xoves 23 de xullo unha nova proposta de divulgación científica centrada no mundo da astronomía. A actividade estará protagonizada polo divulgador científico Juan Nolasco, que impartirá unha charla sobre os eclipses e os fenómenos que os rodean.

A cita terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello e estará aberta ao público con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Durante a sesión, as persoas asistentes poderán coñecer como se producen os eclipses, por que espertan o interese da humanidade desde hai miles de anos e cales son as características que converten estes fenómenos astronómicos nun dos grandes espectáculos naturais.

Con esta iniciativa, o Concello de Maceda busca achegar a ciencia á cidadanía a través dunha actividade divulgativa pensada para todos os públicos e fomentar o interese pola astronomía.

0.095770120620728