Maceda prepara unha intensa xornada de festa para celebrar o Entroido Quente

OurenseXa
O evento comezará pola tarde e inclúe o Rally do Humor, o Rally Infantil, batallas de galos, concertos e múltiples actividades festivas
entroido-quente-de-maceda
25 Jul 2026

Maceda converterase este 25 de xullo no epicentro da festa coa celebración da XVII edición do Entroido Quente, unha xornada que reunirá actividades musicais, deportivas e de lecer baixo un amplo programa dirixido a todos os públicos. O evento combinará humor, música e diferentes propostas festivas ao longo de todo o día e da noite.

Entre as actividades principais figura o Rally do Humor 2026 e, por segundo ano, celebrarase tamén o Rally do Humor Infantil, unha actividade gratuíta para nenos e nenas que conta con 36 prazas dispoñibles.

No apartado musical, o programa contará co acompañamento de BCB Música e cos concertos de Mekanika Rolling Band, o grupo Ataca Paca e Paulo Seoane DJ, que animarán a xornada festiva.

Tamén se celebrará a Batalla de Galos do Entroido Quente, coa fase clasificatoria pola tarde e a semifinal e final pola noite no escenario principal. As inscricións presenciais realizaranse entre as 16.00 e as 16.30 horas e o inicio das batallas será ás 17.00 horas. A semifinal e a final desenvolveranse ás 23.00 horas.

A organización establece como obrigatorio acudir disfrazado e contempla premios que inclúen 300 euros, unha tatuaxe, merchandising oficial, cea gratuíta para participantes e acampada gratuíta nas piscinas municipais.

0.12666702270508