Maceda recibe este sábado o Festival Folk 'Tattoo Galego' polo XXX aniversario da súa Banda de Gaitas

OurenseXa
O Castelo de Maceda acollerá desde as 20.00 horas unha xornada de música tradicional con agrupacións galegas e un rancho folclórico portugués, dentro dos actos polo 30 aniversario da Banda de Gaitas de Maceda
tattoo_maceda
22 Aug 2026

O Castelo de Maceda convértese este sábado, 22 de agosto, no escenario do Festival Folk 'Tattoo Galego', unha cita organizada con motivo do 30 aniversario da Banda de Gaitas de Maceda.

O programa comezará ás 15.00 horas cunha subida ao castelo desde a Praza das Toldas, mentres que o groso das actuacións se desenvolverá a partir das 20.00 horas na contorna da fortaleza.

O cartel reúne a diferentes agrupacións populares galegas, entre elas as Pandereteiras do Castiñeiro, as Pandereteiras Os Chouteiros, un cuarteto tradicional e a propia Banda de Gaitas Maceda-Boborás. A elas súmanse dúas formacións especificamente folk: Os Guezos, que actuarán ás 21.30 horas, e Terrae, encargados de pechar a noite ás 23.30 horas.

Como achega internacional, o festival contará coa participación do Rancho Folclórico Morenitas de Alba, procedente de Castro Daire (Portugal).

A organización, a cargo do Concello de Maceda, habilitou ademais unha zona de avituallamento para os asistentes, nunha xornada que se presenta chea de cor, gozo e boa música nunha contorna tan singular como o Castelo de Maceda.

0.1343400478363