Maceda ten unha cita cos coches clásicos o 13 de setembro

OurenseXa
A xornada comezará coa recepción dos participantes no castelo e continuará cun percorrido que contará con dúas paradas para realizar visitas e fotografías
concentracion-clasicos-maceda
18 Aug 2026

Maceda acollerá o vindeiro 13 de setembro unha concentración de coches e motos clásicas que reunirá os participantes nunha xornada dedicada aos vehículos históricos. O encontro comezará entre as 10.30 e as 11.00 horas no castelo de Maceda.

Tras a recepción, os vehículos participantes realizarán unha ruta de aproximadamente 25 quilómetros que contará con dúas paradas destinadas a realizar visitas e fotografías.

As inscricións permanecerán abertas ata o 25 de agosto. O prezo é de 25 euros por persoa e para formalizar a participación será necesario contactar con Pepe no teléfono 633 240 111.

A organización lembra que as prazas son limitadas e solicita ás persoas interesadas que realicen a reserva o antes posible, co obxectivo de poder organizar o restaurante. Tamén se pide puntualidade aos participantes á hora de iniciar a ruta.

0.13403701782227