Máis de 100 arqueiros de toda Galicia participaron en Taboadela no I Trofeo Memorial Miguel Cid

Os pasados días 11 e 12 de xaneiro de 2025, o Polideportivo Municipal de Taboadela acolleu a celebración do primeiro torneo en memoria de Miguel, veciño da vila e un referente nos inicios do Club Lumelar de Tiro con Arco.
Dende o Concello de Taboadela felicitan ao Club Lumelar “pola organización deste evento tan especial”.
Máis de 100 arqueiros de toda Galicia participaron nestas dúas xornadas de gran nivel deportivo, nas que estiveron presentes varios familiares do homenaxeado.