Máis de 100 judokas de España e Portugal déronse cita esta fin de semana en Ourense
Este sábado, 7 de setembro, o Pavillón dos Remedios de Ourense acolleu a Copa de España de Judo masculina e feminina en categoría Júnior.
O campionato estivo patrocinado polo Concello de Ourense e a Secretaria para o Deporte da Xunta de Galicia e organizado pola Federación Galega de Judo. É o XX Torneo Cidade de Ourense, que reuniu a 120 destacados judokas de España e Portugal nacidos entre os anos 2005 e 2010.
A competición congregou ao mellor do Judo español nas categorías base, xa que era clasificatoria para a fase final do Campionato de España. Nunha cita de máximo nivel e esixencia, Galicia acaparou 8 das 11 categorías, terminando primeira no medalleiro xeral.
A competición comezou ás 9.30 horas coas eliminatorias e repescas. Á 13.00 horas desputáronse as finais e ás 14.00 horas a entrega de medallas. As pesadas realizáronse o venres 6 ás 19.30 horas.
O sistema de competición constou de eliminatorias directas con repesca dobre cruzada. Os combates, de catro minutos, con ‘Golden Score’ ou técnica de ouro en caso de empate.