Máis de 170 persoas participaron este ano na Andaina Solidaria de Amoeiro
OurenseXa
O percorrido da ruta quedará marcada ata despois de Reis para quen queira revivilo
III Andaina Solidaria de Amoeiro
24 Dec 2024
O Concello de Amoeiro e a Asociación Os Bieletas organizaron, un ano máis, a Andaina Popular Solidaria de Amoeiro, unha proba de carácter non competitivo, que cumpriu este ano o seu terceiro aniversario e que se desenvolveu integramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer aos participantes a riqueza cultural e paisaxística do municipio.
Na edición deste ano participaron máis de 170 persoas, que gozaron dunha xornada de convivencia e natureza. Agora, a ruta quedará sinalizada ata despois de Reis, para que as persoas que o desexen poidan revivila durante o Nadal. A ruta pode facerse tanto andando como en bicicleta, e ten un percorrido total de 22,2 quilómetros, aínda que tamén conta cun percorrido curto de 10.5 quilómetros.