Máis de 200 deportistas participaron na Ribeira Sacra Cycling Road

Os deportistas percorreron os territorios de O Pereiro de Aguiar, Parada de Sil, A Teixeira, Xunqueira de Espadanedo e Esgos
Ribeira Sacra Cycling Road
13 Maio 2024

Máis de 200 deportistas procedentes de diferentes provincias da xeografía española (Asturias, Santander, Galicia, País Vasco, León, Salamanca, Cáceres, Badaxoz, Valencia, Gran Canaria, Zamora), así como tamén de Portugal, participaron onte na cuarta edicición da Ribeira Sacra Cycling Road’, onde poideron coñecer un dos lugares máis icónicos da provincia de Ourense.

A saída tivo lugar este domingo, 12 de maio, na localidade de Luintra, en Nogueira de Ramuín, a partir das 9.30 horas, para posteriormente percorrer os territorios de O Pereiro de Aguiar, Parada de Sil, A Teixeira, Xunqueira de Espadanedo e Esgos, onde os deportistas deleitáronse con diferentes paraxes pola Ribeira Sacra, un lugar único para rodar en bicicleta.

0.15754795074463