Máis de 300 nadadores e nadadoras déronse cita en Ourense no Campionato Galego de Natación

OurenseXa
A piscina Rosario Dueñas reuniu esta fin de semana aos máis destacados valores da natación na comunidade no Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior
Campionato Galego de Natación
8 Xul 2024

A piscina municipal Rosario Dueñas reuniu esta fin de semana en Ourense aos máis destacados valores da natación na comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior Xunta de Galicia. O torneo contou coa participación de 343 deportistas (189 na categoría masculina e 154 na feminina) pertencentes a 30 equipos diferentes.

O campionato está organizado por Club Natación Pabellón Ourense e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Inorde.

Con este evento, a Piscina Rosario Dueñas volve a acoller de forma consecutiva un espectáculo deportivo do máis alto nivel.

Clasificación

Categoría Feminina Júnior:

  1. CN Ponteareas: 363,5 puntos
  2. CN Portamiñá: 318,5 puntos
  3. CN Arteixo: 294,0 puntos

Categoría Masculina Júnior:

  1. CN Portamiña: 289,0 puntos
  2. CN Pabellón: 268,0 puntos
  3. Cidade de Santiago: 263,5 puntos

Total:

  1. CN Portamiñá: 607,5 puntos
  2. CN Ponteareas: 556,5 puntos
  3. CN Vigo Rías Baixas: 492,0 puntos

Categoría Feminina Absoluta:

  1. CN Ponteareas: 596,0 puntos
  2. CN Arteixo: 407,0 puntos
  3. RCN de Vigo: 310,0 puntos

Categoría Masculina Absoluta:

  1. CN Portamiña: 503,5 puntos
  2. CN Pabellón Ourense: 333,0 puntos
  3. AD Fogar: 292,0 puntos

Total:

  1. CN Ponteareas: 899,0 puntos
  2. CN Portamiñá: 696,0 puntos
  3. CN Arteixo: 685,0 puntos
0.18161082267761