Máis de mil mozos e mozas de Ourense participaron nas actividades de Nadal da Asociación Xuvenil Amencer

OurenseXa
O programa incluíu máis de 200 actividades para a rapazada durante as vacacións
actividades-amencer
Participantes nunha actividade organizada pola Asociación Xuvenil Amencer
8 Jan 2025

A Asociación Xuvenil AMENCER organizou desde o xoves 19 de decembro do 2024 até o martes 7 de xaneiro do 2025, a iniciativa ‘20 días!’, unha alternativa de tempo libre educativo cara os nenos e nenas, mozos e mozas ourensáns denominada “Nadal en Amencer”. Por vixésimo cuarto ano consecutivo AMENCER ofertou actividades abertas de lecer neste período.

Neste Nadal, ofertáronse 212 actividades desde Amencer en 20 días neste período de vacacións escolares o xoves 19 até o martes 7 de xaneiro, participando 1.636 nenos e nenas, mozos, mozas as e adultos, coordinados por 276 voluntarios e voluntarias.

A oferta deste Nadal incluíu preto dunha decena de actividades deportivas, actividades infantís, unha trintena de actividades solidarias dentro da Operación Quilo, así como eventos musicais, actividades propias do Nadal e distintas actividades lúdicas e formativas.

0.17400908470154