Malestar entre a veciñanza de Rabo de Galo pola localización do novo radar da N525
As veciñas e veciños de Rabo de Galo levan anos reivindicando mellorar nos accesos dende a N525 que, segundo explican, actualmente supón un perigo para a seguridade viaria. O desta estrada que pasa por Rabo de Galo leva acumulado dende 2010 varios sinistros de tráfico con 1 falecido, 5 feridos graves e 37 feridos leves, segundo datos oficiais.
No ano 2023 e 2024 presentáronse escritos por sede electrónica en dirixidos o Concello de Ourense , Ministerio de Fomento e Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico nos que se pedía a instalación de un radar de tramo para a estrada nacional N525 ao seu paso por Rabo de Galo.
Dende Asociación Veciñal Rabo de Galo consideran “desafortunada e maliciosa” localización elixida para o radar instalado na N525 xa que non solucionará o problema de exceso de velocidade deste tramo.
“Parece que só se mirou onde recadar máis e non a seguridade vial da saída dende Rabo de Galo”, denuncian. “Unha vez descartada a petición veciñal de un radar de tramo, se o radar actual estivera 300 metros máis atrás si melloraría a seguridade da saída dos coches”, apuntan os veciños de Rabo d Galo.