Manuel Pardo destaca a importante labor de ADIDO en favor da integración social

OurenseXa
O novo delegado territorial da Xunta en Ourense pon en valor o traballo Asociación de persoas con discapacidade Intelectual de Ourense pola integración social e laboral das persoas con necesidades especiais
adido-manuel-pardo
Manuel Pardo recibe aos membros de ADIDO
6 may 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá con Manuel Martín, presidente da Asociación de persoas con discapacidade Intelectual de Ourense (ADIDO) ao que lle amosou a total colaboración do Goberno galego no traballo pola integración social e laboral das persoas con necesidades especiais.

O delegado territorial da Xunta, analizou xunto ao responsable de ADIDO o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación, que ten como obxectivo a integración dos seus membros no mercado laboral a través de ferramentas coas que poidan acadar unha oportunidade digna dentro dun porvir complexo. O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando pola inclusión e o desenvolvemento individual das persoas con necesidades especiais.

Manuel Pardo, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense.