?> Manuel Pardo pon en valor o traballo da asociación Ourensividad no seu primer acto como delgado da Xunta en OurenseXa

Manuel Pardo pon en valor o traballo da asociación Ourensividad no seu primer acto como delgado da Xunta

OurenseXa
O novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense destaca a labor desta asociación para "facer de Ourense un referente como provincia de calidade de vida"
manuel-pardo-ourensividad
O novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participa no acto de aniversario da asociación Ourensividad
Redacción Ourensexa
26 abr 2024

O novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, participou na tarde deste xoves no seu primeiro acto oficial tras tomar posesión do cargo. Manuel Pardo foi o encargado de clausurar o acto do primeiro aniversario da asociación Ourensividad aos que agradeceu o seu traballo porque “conseguistes poñer en marcha un proxecto que sen dúbida contribuirá a facer de Ourense un referente como provincia de calidade de vida e que marca o inicio do verdadeiro valor que Ourense ten como referente mundial de calidade vida e lonxevidade.”

O delegado territorial participou na entrega de recoñecementos vitais a catro mulleres centenarias, unha a título póstumo, que “que representan os valores máis puros das nosas orixes e erguen coa dignidade do proveito o labor dos nosos devanceiros”. Manuel Pardo significou que o feito de que na provincia de Ourense haxa un número tan elevado de centenarios en relación con outras partes do mundo ten inexorable que ver coa alimentación de proximidade, os hábitos saudables e o medio ambiente.

“Son dos que pensa que a modernidade soamente poder ser artellada dende a tradición, baixo un rigoroso exame da nosa propia conciencia”, continuou, e así o entende o Goberno de Galicia.

Manuel Pardo subliñou que “témola obriga de insistir no aproveitamento dos recursos; na valorización dos tempos empregados; na  excelencia dos servizos prestados; na renuncia dos modelos ineficaces e obsoletos, e na colaboración leal  entre todos”. “E aquí nestes homes e mulleres, que este serán homenaxeamos, temos o exemplo”, sentenciou