Manuel Pardo reafirma o compromiso da Xunta cos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas

OurenseXa
O delegado territorial amosa “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños dos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas”
Manuel Pardo reafirma o compromiso da Xunta cos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas
8 Xuño 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse este venresaos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas, dentro da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Manuel Pardo, despois de repasar con ámbolos dous rexedores, Xosé Carlos Valcárcel e Marta Novoa, asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños dos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas”.

0.20442605018616