Medio Rural e o Inorde exploran novas colaboracións para impulsar a formación agraria

OurenseXa
A Xunta e a entidade ourensá abordaron posibles accións conxuntas centradas na Escola de Pastores de Galicia e na promoción dos alimentos con calidade diferenciada
reuniion-medio-rural-inorde
10 Jul 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, reuniuse este xoves con representantes do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para analizar posibles vías de colaboración en materia de formación agraria e de promoción dos produtos agroalimentarios de calidade diferenciada de Galicia.

Durante o encontro, Alemparte puxo en valor a colaboración que ambas entidades manteñen na posta en marcha da Escola de Pastores de Galicia, unha iniciativa destinada á formación de novos profesionais da gandaría extensiva que se desenvolve nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.

Segundo destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, este proxecto constitúe un exemplo de como a cooperación entre administracións e entidades permite ofrecer formación especializada no territorio e responder ás necesidades do sector gandeiro.

Na reunión tamén se abordaron posibles actuacións conxuntas orientadas a reforzar a promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

O obxectivo destas iniciativas sería incrementar o coñecemento destes produtos entre os consumidores, reforzar a súa presenza en accións de divulgación e contribuír a xerar un maior valor engadido tanto para os produtores como para o conxunto do territorio.

0.13718581199646