Miles de persoas reuníronse esta fin de semana en Taboadela na 7ª Andaina Solidaria da Fundación Andrea e a Liga Galega de Moto de Campo

Taboadela viviu unha fin de semana marcada pola intensa actividade e a elevada participación veciñal e de visitantes en distintas propostas celebradas ao longo de dous días.
O sábado tivo lugar a 7ª Andaina Solidaria da Fundación Andrea, organizada pola Fundación Andrea, unha cita que estivo caracterizada pola solidariedade, a convivencia e unha ampla participación da veciñanza.
Ademais, o municipio acolleu a Liga Galega de Moto de Campo, cun notable ambiente durante toda a xornada e unha gran afluencia de público. Segundo as estimacións, máis de 4.000 persoas pasaron polo concello ao longo da fin de semana, nun evento que deixou unha intensa actividade social e económica na localidade.