Milleiros de persoas achegáronse ao desfile de Entroido de Barbadás

OurenseXa
O Concello repartiu premios ás mellores comparsas e disfraces desta edición, que estivo amenizada pola música das charangas Fuego, BCB e Os PerQtores
desfile-entroido-barbadas
Desfile de Entroido de Barbadás
5 Mar 2025

Milleiros de persoas achegáronse este martes a Barbadás para presenciar o tradicional Desfile de Comparsas e Disfraces de Entroido da vila, que discorreu pola avenida de Celanova amenizado pola música das charangas Fuego, BCB e Os PerQtores.

En total, repartíronse once premios ás mellores comparsas e disfraces en varias categorías, cun xurado que estivo presidido pola concelleira Ana Peleteiro, e conformado por Xabier Teixeira, Jesús Rodríguez, Paula Rodríguez, Manuel Álvarez, María Purificación Montes e Santino Fidalgo, este último, como secretario.

Ademais, o pasado luns, os nenos e nenas protagonizaron unha animada xornada co seu propio concurso de disfraces, que estivo dirixido a nenos e nenas ata os 12 anos de idade e que incluiu unha merenda saudable da man da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) e a animación de DJ Tibu.

⚙ Configurar cookies
0.16294193267822