Minuto de silencio en Ourense para condenar a violencia machista
OurenseXa
A corporación municipal gardou un minuto de silencio esta mañá diante da Casa do Concello contra os crimes machistas
15 Jul 2024
Con motivo do tráxico balance que a violencia de xénero deixou esta fin de semana e como mostra de apoio e solidariedade coas familias das falecidas, a Corporación municipal gardou un minuto de silencio esta mañá diante da Casa do Concello.
Ao mesmo tempo, a subdelegacia do Goberno de Ourense sumouse tamén a esta iniciativa como mostra de apoio das vítimas e as súas familias.