Mirallos celebrará este sábado as festas na honra de San Antonio

A parroquia de Mirallos, no concello da Peroxa, celebrará este sábado 13 de xuño as súas festas patronais na honra de San Antonio cun programa que combinará os actos relixiosos e a música ao longo da xornada.
As celebracións darán comezo ás 12:30 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. Ao remate dos actos litúrxicos, os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú amenizada polo grupo Trasnos.
A programación continuará pola tarde cunha nova cita festiva que terá continuidade durante a noite coa verbena, tamén acompañada de actuacións musicais para animar a celebración, a cargo de Flow Disco Móbil.