Mobilízanse preto de 450.000 euros en axudas para entidades e colectivos da provincia de Ourense
OurenseXa
A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao percibirá 40.000 euros para gastos de funcionamento
Polígono Industrial, San Cibrao das Viñas
21 Jan 2025
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria semanal, aprobou un total de 449.536 euros en axudas para diversas entidades e colectivos profesionais como a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, que percibirá 40.000 euros para gastos de funcionamento.
En materia de cooperación municipal, destínanse 198.536 euros a concellos da provincia para diversas obras e servizos, como gastos de persoal e mantemento dun punto de atención infantil; para un programa municipal de conciliación; para mellorar pasos de peóns; para mellora de infraestruturas; para honorarios técnicos de melloras de infraestruturas; e para melloras en estradas municipais.